A Libraría

ENTRE LIBROS

A túa libraría de confianza en Monforte

No medio dos libros, así, ENTRE LIBROS é como nos gusta estar.

Pasando follas, olendo a papel, tocándoo.

Nas estanterías de ENTRE LIBROS,  vas a atopar esas últimas novidades, os clásicos de toda a vida, os de divulgación científica, as biografías, os libros de texto… en definitiva emocións, entretemento, saberes, CULTURA que queremos compartir con vós.

Procuraremos ter un catálogo o máis completo e actualizado posible, para que cando chegues buscando o teu título poidas irte a casa con el.

Pero haberá ocasións nas que ese títuto que buscas non o teñamos. Esto nunca será un problema para nós, faremos todo o posible por conseguilo e telo na libraría o máis axiña posible.

Atenderemos ao Whatsapp de maneira que se non podes vir pola libraría, poidas pedirnos a través do teléfono o que necesitas.

Tamén a través da web existe esa posibilidade, podes facernos o teu pedido, e terás a opción de vir a recollelo á tenda ou que cho enviemos a casa.

Ola! son Ángela e preséntovos moi ilusionada o meu proxecto soñado.

Aínda que vivo en Escairón, moitas personas de Monforte de Lemos xa me coñecedes porque levo máis de 10 anos, non só vendendo, senón tamén  aconsellando e buscándovos libros.

Agora fago realidade o meu soño de ter a miña propia libraría.

Estarei aquí, ENTRE LIBROS, para vernos as caras, para buscar ese libro descatalogado, ou ese agasallo de última hora, para charlar sobre esa última novela emocionante, en definitiva, para atenderte da mellor maneira posible.

Eventos

ACTIVIDADES e NOVIDADES

Que ler?

IDEAS E RECOMENDACIÓNS